
|
|
|
|
|
O Posgrao de Enxeñería Networking en Voz IP capacita ós alumnos para facer todo tipo de instalacións de redes de transmisión de vídeo, voz e datos por Internet (Certificación de Cisco) e tamén a Administración e Configuración dos sistemas operativos en contornos Linux (Certificacións LPI). Master I: Técnico Networking sobre Linux. Incorpora dúas certificacións complementarias dunha mesma tecnoloxía e fai que o alumno poda acceder a traballos altamente cualificados. O Máster de 440 horas estudia aspectos duáis e complementarios para un técnico de redes. A parte física da rede, usando a Tecnoloxía Networking de Cisco Systems e tamén o mantemento operativo do sistema que precisa un Administrador de sistema seguindo o currículo oficial do Instituto Linux Profesional. Titulación acadada CCNA + LPIC1 Master II: Especialista Networking en Telefonía IP. A carreira compleméntase cun segundo Master (440 horas) onde se acada a certificación Experto de Sistemas de Seguridade en Linux (LPCI2) canda o ciclo de especialista en Telefonía IP de Cisco (CQS), creando estructuras de transmisión de vídeo e voz seguindo os exames 642-642 (Quality os Service), 642-432 (Cisco Voice over IP) e 642-444 (Cisco IP Telephony). Titulación acadada CQS ( Cisco IP Telephony ) + LPIC2 Posgrao TI. Experto Networking en Voz IP. Os alumnos que teñan feito o nivel de Especialista Networking en Telefonía IP, un postgrao de 120 horas impartido por mestres certificados por Cisco, para alumnos que queran obter a certificación de Experto en sistemas de voz sobre IP (CCVP). Este curso é unha ponte que permite ó alumno acceder á titulación CCIE Voice, a de maior rango nas tecnoloxías Networking de Cisco Systems. Titulación acadada CCVP | ||