
|
|
|
|
|
O Posgrao de Enxeñería Networking e Seguridade capacita ós alumnos para facer todo tipo de instalacións de redes e instalación de seguridade e Wifi (Certificacións de Cisco) e tamén a Administración e Configuración dos sistemas operativos en contornos Windows 2003 (Certificacións Microsoft). Master I:Técnico Networking sobre Windows. Incorpora dúas certificacións complementarias dunha mesma tecnoloxía e fai que o alumno poda acceder a traballos altamente cualificados. O Máster de 520 horas estudia aspectos duáis e complementarios para un técnico en redes. A parte física da rede, usando a Tecnoloxía Networking de Cisco Systems e tamén o mantemento operativo do sistema que precisa un Administrador de sistema seguindo o currículo oficial de Microsoft MCSA. Titulación acadada CCNA + MCSA Master II: Especialista en Seguridade Networking. A carreira compleméntase cun segundo Master (520 horas) onde se acada a certificación Enxeñeiro de Sistemas de Microsot (MCSE) canda o ciclo de especialista en Seguridade e Wireless de Cisco (CQS), creando estructuras de cortalumes e seguridade que optimizan a eficacia e a confianza das empresas conectadas en rede. Titulación acadada CQS (Seguridade e Wifi) + MCSE Posgrao TI. Experto Networking en Seguridade. A escola ofrece ós alumnos que teñan feito o nivel de Especialista Networking en Seguridade, un postgrao de 120 horas impartido por mestres certificados por Cisco, para alumnos que queran obter a certificación de Experto en Seguridade (CCSP). Este curso é unha ponte que permite ó alumno acceder á titulación CCIE, a de maior rango nas tecnoloxías Networking de Cisco Systems. Titulación acadada CCSP | ||