O departamento de publicación propio da escola, desenvolve tódolos productos que o alumno necesita na súa aprendizaxe e se lle entrega ó alumno como material. A escola pon a túa disposición o seu fondo bibliográfico e visual tanto con respecto os cursos como as certificacións:

 

Manuais:

 

Cursos: estes manuais son os desenvolvidos por Deica IT, e neles poderás atopar explicacións sinxelas sobre o funcionamento dos programas que esteas a estudiar nese intre e mailos exercicios axeitados ós coñecementos adquiridos

 

Certificacións: manuais oficiais de Microsoft e Cisco

Noutros casos, e con calidade contrastada, a escola pon á túa disposición manuais de recoñeecidas editoriáis.

 

CD's e DVD's: Tamén tes á túa disposición unha morea de CD's e DVD's onde poderás consulta-los temas máis diversos

En inglés: O sistema Speak Up consta dunha serie de revistas, cintas de vídeo e DVD's que che permitirán mellora-lo teu inglés, poderás ter acceso a :

 

-Unha serie de libriños onde non so poderás practica-la túa habilidade coa lectura senón tamén adquirir unha chea de coñecementos acerca da película do que trata o libriño: quen foi o autor do guión ou da novela na que se basea a película, os protagonistas, o argumento da película, a linguaxe utilizada na mesma e unha moita máis información.

 

-CD's e DVD's: a película correspondente en V.O. con subtítulos en inglés, para que che acostumes ó son do idioma e, ó mesmo tempo, practiques a pronunciación correcta

 

-As revistas son axeitadas para amosar ó alumno o estilo periodístico inglés e tamén para practica-la lectura, ó mesmo tempo que a pronunciación, xa que moitos dos artículos teñen a súa forma oral no DVD correspondente, o que se mostra na mesma revista cun símbolo