
Presentamos dous tipos de estudos cuns obxectivos perfectamente diferenciados, pensados para que atopes o mellor encaixe na túa introducción ás Novas Tecnoloxías da Información cun rendemento óptimo.
Cursos
Para formar profesionais de perfil axeitado ás demandas laborais. Sistema práctico e rápido de aprendizaxe do software e temarios necesarios para traballar nunha empresa, podendo acceder ós certificados de profesionalidade dos distintos departamentos.
Cursos Cambridge Certificate Microsoft Testing Center
Cad Testing Center
Dirixidos a xente que xa está traballando ou quere incorporarse ó Mercado Laboral e precisa pontos e créditos para mellorar ó seu Currículo.
Certificacións
Planos de formación completos, suxeitos ós controis de calidade cos que as empresas patrocinadoras e Organismos Oficiais periodicamente auditan os Temarios e mailos nosos Laboratorios. Profesións Oficiais Homologadas polas principais compañías de Telecomunicacións e Informática, que dan acceso a traballos moi ben remunerados con distintas categorías.Existen tres niveis de cualificación:
A) Técnico Asociado: O alumno acada a categoría de Técnico dunha determinada marca e domina de xeito práctico aspectos fundamentais das distintas Tecnoloxías. Para saca-la Certificación o alumno haberá de pasar unhas probas teórico-prácticas que a Compañía lle fará na propia escola.
B) Master T.I. O alumno acada dúas certificacións que abarcan aspectos complementarios da mesma área representada por dúas compañías. O alumno faise especialista dunha determinada Tecnoloxía e accede a traballos altamente cualificados.
C) Posgrao T.I. Dous Master consecutivos sobre a mesma Tecnoloxía fan que o alumno domine por completo esa especialidade e capacítao para dirixir proxectos de T.I. A escola ten establecidos convenios con empresas para traballos en prácticas que completan a formación dos alumnos.
Certificacións
Audiovisual .......Adobe
Infografía ...........Adobe Macromedia Microsoft, Sun
Industria ............Heweltt Packard, Siemens Cisco, Microsft, LPIC