Somos unha escola oficial de formación. O noso catálogo abrangue as especialidades máis solicitadas pola empresa, coa implantación de tres sistemas de ensino: Formación Reglada, Formación Continua e Formación Ocupacional.

 

Os nosos mestres e instructores posúen unha titulación axeitada e certificada polas compañías propietarias do software e seguen un proceso interno de formación docente que garante unha real adaptación aos temarios que impartimos.

 

Acreditacións Públicas

. Consellería de Educación. Ciclos Superiores de Formación Profesional

. Consellería de Traballo. Cursos de Formación Ocupacional

. FOREM GALICIA. Cursos de Formación Continua para traballadores

 

Planos Formación Privados

Deica IT ten suscrito contratos de asociación como partner das principais compañías de software e telecomunicacións para impartir as Certificacións Oficiais de cada tecnoloxía. No noso centro podes examinarte para obter as Certificacións das seguintes marcas:

 

 

• CISCO SYSTEMS. Cursos de Redes. Programa Networking Academy

• MICROSOFT. Cursos Office, Redes e Programación. Programa IT Academy

• ADOBE. Cursos de Deseño Gráfico e Postproducción. Certificación Oficial

• MACROMEDIA. Cursos de Deseño Web. Certificación Oficial

• SUN MICROSYSTEMS. Cursos de Programación Java. Certificación Oficial

• COMPTÍA. Cursos de Hardware e Linux. Certificación Oficial

• BENTLEY. Centro ATC Obra Civil. Microstation V8, Geopack, Geographics

• CAMBRIDGE. Preparatoria para exames PET, FIRST, ADVANCED. Certificación Oficial